Inicio
En caso de devolución do ben ou bens comprados, o importe da compra poderá ser trocado por outra compra de prezo igual ou superior ou por un bono con caducidade de tres meses polo importe correspondente. O establecemento adherido non poderá aboar á persoa consumidora, en ningún caso, diñeiro en efectivo ou na tarxeta de crédito. (artigo 16.5 da convocatoria accesíbel en www.bonodeporte.gal)
OBXECTIVOS DAS ESCOLAS DE BALONMÁN RIBADOSAR
Fomentar a práctica deportiva en xeral e do balonmán en particular.
Promover a actividade física e deportiva.
Educar e formar crianzas e adolescentes saudábeis e respeitosas coas persoas e o ambiente.
Sensibilizar na importancia do traballo en equipa e do esforzo comunal.
Dinamizar a convivencia nas Terras de Compostela.
ACTIVIDADES AO LONGO DO CURSO ESCOLAR (de setembro a maio)
Adestramentos semanais.
Promoción do Balonmán nos centros de ensino.
Participación nas equipas do C.B. Ribadosar que compiten nos Campionatos organizados pola Federación Galega de Balonmán.
Participación en torneos organizados ou participados polo Ribadosar, tanto dentro como fóra de Santiago de Compostela.
Saídas para ver encontros de balonmán (Ligas Asobal, 1ª Estatal, ...)
Outras actividades culturais e deportivas vinculadas co balonmán realizadas ao longo do ano.